Amosando publicacións coa etiqueta San Xoán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta San Xoán. Amosar todas as publicacións

7 curiosidades da Noite de San Xoán

Xa chega San Xoán!! E o número sete convírtese no seu protagonista: sete herbas, sete saltos sobre o lume, beber de sete fontes, recibir sete ondas do mar. Pero, por que este número? É o número máxico por antonomasia e simboliza os graos de perfección. O número sete -dixo Hipócrates- polas súas virtudes ocultas, tende a realizar tódalas cousas; é o dispensador da vida e fonte de tódolos cambios, pois incluso a lúa cambia de fase cada sete días. Para non romper a maxia, este ano déixovos un post tamén con SETE curiosidades sobre esta festa tan arraigada na nosa comunidade. Comezamos!!


Curiosidade 1. Os celtas chamaban Alban Heruin a esta festividade; o seu significado era o de celebrar o instante no que o Sol se achaba no seu máximo esplendor, cando duraba máis tempo. A partir de aquí, os días vanse facendo máis cortos ata o solsticio de inverno.

Curiosidade 2. O baño de medianoite. Ás doce en punto, si nos bañamos no mar ou nos lavamos en fontes milagreiras ou santas, serviranos de remedio para case calqueira mal, xa que estas aumentan neste día e a esa hora as súas propiedades.

Curiosidade 3. Si a medianoite se fai unha cruz nas árbores, estes producirán o dobre de froito.

Curiosidade 4. Se tes parella e queres saber se te casarás con ela, debes por un bol con auga e dúas agullas. Se as mesmas se xuntan ao final da noite, a resposta será un si.

Curiosidade 5. Lavarse a cara, pero sin mirarse ao espello. En algúns lugares a tradición di que hai que lavarse a cara xusto a medianoite. Pero hai que ter en conta que si te miras ao espello despois de facelo, o feitizo non funcionará.

Curiosidade 6. Hai sete prantas que non poden faltar na elaboración das famosas herbas de San Xoán: 

- O fiúncho ou hinojo. Herba de obriga, corre os malos espíritus e é especial contra o mal de ollo.

- O fento macho ou helecho. É un fento velenoso. En xeral é un antiparásito.

- O codeso. É un arbusto sagrado para os galegos. Utilizábase para facer vasoiras e varrer a casa dos malos espíritos.

- A abeloura ou herba de San Xoán. Empregábase na menciña tradicional coma cicatrizante, adstrinxente e antiséptica. O refraneiro di que "A herba de San Xoán limpa a cara de grans".


- A malva común. Serve contra a bronquite, afeccións dixestivas, nervios, etc. O refrán di "Cun horto e un malvar hai menciñas para un fogar".

- O romero ou romeu. Crese que é a herba que realmente protexe e purifica os fogares galegos por excelencia.


- A herba luisa. É unha herba especial para os amoríos. 


Tamén se empregan como herbas de San Xoán: Deladeira, Trobisco, Espadana, Artemisa, Macela, Herba punteira, Roseira brava e moitas máis.

Follas de Sabugueiro, Nogueira, Amieiro, Hedra, Carballo, Visgo.

Outras herbas son: tomiño, folla de cana, ruda, hortelá, mentraste, estraloque, herba lemona, ourego, loureiro, verxebán, allo, herba do Carme, silveira, folla de figueira, folla de umeiro, folla de laranxeira, hortensia, folla de viña branca, arzais, rosas de nabo, ágramo, herbas de san Pedro; rosas de sábrego; poutas de lobo, follas de castiñeiro e árnica falsa entre outras.

Árnica falsa ou flor de San Xoán

A preparación chámase "facer o cacho" e consiste en coller auga de sete fontes. Hai que deixalas á intemperie, que lle caia o orballo, durante a noite. Á mañá seguinte lavámonos con esa auga recendente, especialmente a cara e os pés para purificar a pel. Así procuramos non avellentar, sandar e previr enfermidades cutáneas e rexuvenecer a pel.

Curiosidade 7. A máis coñecida en todo o mundo. Apunta aquelo que queiras olvidar nun papel e quéimao.


As 3 festas de San Xoán máis máxicas de toda Galicia


Aproxímanse as festas de San Xoán! En numerosos rincóns da nosa terra, na noite do solsticio de verán, establecida dende o cristianismo na noite de San Xoán, ríndese culto ó lume (fogueiras), á auga (baños sagrados), e ás herbas (herbas de San Xoán). Máis coñecida como a ‘Noite Meiga’, dise que nesta noite máxica comunícanse o mundo do máis alá co de máis acá. É o momento de espantar ós malos espíritus.

As fogueiras acéndense chegado o día 24, é dicir, pasada a media noite. Atribúeselles protección e boa sorte ó feito de saltalas nove veces. A continuación as festas de San Xoán que eu considero as máis máxicas e especiais de toda Galicia:

1. Cidade de A Coruña.

Na A Coruña, San Xoán conseguiu o mérito de ser considerada como Festa de Interese Turístico Nacional. Os coruñeses festexan a chegada do verán con multitude de fogueiras, sardiñadas e un espectacular ambiente nunha festa que cada ano atrae un maior número de persoas e de turistas. Dende moi cedo pola mañá anúnciase a festa con un desfile de bandas e carrozas de meigas para rematar pola noite ca queima da fogueira.

Praia de Riazor (A Coruña)
Pero a fogueira máis concorrida é a que se levanta na praia de Riazor, ca figura dunha bruxa de cartón pedra, ó redor da cal se satirizan sucesos da vida política e social vividos ó longo do ano, antes de plantarlle lume.

Ata aquí chegan en cabalgata a Meiga Maior, a Meiga Maior Infantil e as súas respectivas meigas de honor, que son as encargadas de acender a fogueira, nun espectáculo que abarrota as praias de Riazor e do Orzán.


2. Cuntis (Pontevedra).

Dende fai uns anos esta festa faise en Castrolandín, asentamento prehistórico de máis de 2.500 anos localizado a 1 km do núcleo urbano (dende aquí podemos disfrutar dunha vista panorámica de todo o val de Cuntis). Neste lugar, recuperouse una vella tradición: no solsticio de verán, a noite do 23 de xuño celébrase acendendo 52 antorchas das que colgan 7 piñas, simbolizando as 52 semanas do ano e os 7 días da semana. Esta tradición constitúe un dos rituais máis máxicos de toda Galicia.

Fogueira de San Xoán

3. Praia da Lanzada (Pontevedra).

A Ermida da Nosa Señora da Lanzada foi construída no século XII en estilo Románico tardío. Está situada no extremo máis occidental dunha punta que se mete no mar. A lenda di que a capela áchase nun lugar onde seguramente un deus pagano foi venerado, moi posiblemente relacionado coa fertilidade.

Ermida da Nosa Señora da Lanzada (Fonte: wikipedia)
É por isto que aquí se celebra a noite máis máxica do ano cuns ritos moi particulares: as mulleres que queiran concebir, deberán bañarse nove veces e contar sete olas dende a número dúas ata a número nove. Para completar o rito de fecundidade, deberán deitarse sobre o Leito da Virxe que está situado moi preto da ermida ou pór ofrendas florais no mesmo.