A época de vodas aínda non rematou e todavía hai parellas que están buscando un lugar para poder casarse no verán do 2016. Moitos de vós tedes unha data na cabeza e outros non, pero o importante é atopar ese lugar que vos convenza e que sexa o esceario do día máis bonito das vosas vidas. En Galicia podemos presumir de que temos rincóns espectaculares nos que celebrar esta ocasión tan especial. Eu contareivos un pouco aqueles que temos en Santiago de Compostela e na súa contorna e que puiden coñecer recentemente. Quero resaltar, que o que escribo aquí a continuación, é a miña opinión persoal.
1. Pazo do Faramello.
Aínda que non está no núcleo de Santiago, este lugar máxico que parece saído dun conto, merece ser incluído neste post. Está situado a tan só 10 km de Compostela no lugar do Faramello, a 15 minutos en coche. Realmente non me esperaba algo así, foi unha sorpresa positiva. A intimidade está garantizada: está agochado nunha frondosa carballeira e ó lado dun río cuxo murmurio é a banda sonora do lugar. O Pazo do Faramello, con máis de tres séculos de historia, foi fundado polo Marqués de Piombino no século XVIII e está atravesado polo Camiño de Santiago Portugués. Todos estes ingredientes fan que o entorno do Pazo sexa perfecto e ideal para unha cerimonia. Ten unha capela pequeniña e cando digo pequeniña, é que como moito caberán 10 persoas (forzando un pouquiño). A vantaxe é que como está consagrada, existe a opción de celebrar unha voda relixiosa. O lugar no que se celebra o convite intégrase moi ben coa natureza do xardín xa que ten muros de vidro o cal xera unha sensación agradable de amplitude e luminosidade. Sen embargo, teño que poñerlle unha pequena pega: a accesibilidade ás veces faise complicada dado a cantidade de escalóns e o musgo existente.
Contacto: Gonzalo Rivero de Aguilar
E-mail: pazofaramello@pazofaramello.com
Tel.: 675 041 555
E-mail: pazofaramello@pazofaramello.com
Tel.: 675 041 555
2. Finca Trece Pinos.
Descoñecía a existencia deste lugar situado no mesmo Polígono Industrial do Tambre. Moitos pensaredes que o entorno non é dos máis típicos e apropiados para unha finca adicada a este tipo de eventos, pero tamén vos direi que unha vez que entras alí olvídaste do que hai fóra. A organizadora de vodas chámase Marta, unha persoa activa e con moitas ideas que me dou moitos consellos e recomendacións, como por exemplo, onde comprar o vestido de noiva, algo que nos trae de cabeza a moitas mulleres. Ela, pra min, foi un punto forte deste lugar, así coma tamén a existencia dunha piscina onde aliviar as calores dunha noite de verán que sempre ven ben. Por último, a finca posúe un xardín amplo con moitas posibilidades onde podes dar renda solta á túa imaxinación.
Contacto: Marta Atán Piñeiro | 616004047
E-mail: info@fincatrecepinos.es
3. Pazo de Adrán.
É un dos lugares que máis se recomenda en algunhas publicacións, así que alí me fun. De entrada todo moi ben, nada que obxetar; os responsables de eventos foron moi amables e atentos en todo momento. Sen dúbida se teño que resaltar algo, vai ser onde se celebra o convite. Como podedes ver na seguinte fotografía, o comedor está decorado cun gusto impecable e é, na miña opinión, o mellor que vin dos catro espazos de Santiago que visitei. Sen embargo, por poñerlle unha pega, as vistas son ó parking, o cal lle resta un pouquiño do seu encanto.
Un xardín moi ben coidado no que facer a cerimonia e os pinchos, e unha piscina que sempre se agradece en días calurosos e que lle da un bonito toque ó pazo, como podedes ver a continuación.
E, a diferencia dos espazos anteriores, aquí vai incluída unha habitación para os recén casados e a posibilidade de aloxamento nuns apartamentos, tanto para a familia, como para os invitados que o desexen.
Contacto: David Camba
Tel. 00 34 981 57 00 00
E-mail: pazo@pazodeadran.com
4. A Quinta da Auga.
Por último, funme á Quinta da Auga, único Hotel Spa Relais & Châteaux de Galicia situado nas aforas de Santiago. Aquí, ó igual que no Pazo de Adrán, tamén vai incluida a habitación para os recén casados e evidentemente, a opción de aloxamento para a familia e invitados. Despois de ver as instalacións, é innegable que o hotel está decorado cun gusto exquisito, o cal é un grande punto a favor. O lugar para celebrar os pinchos é un bosque de bambús no cal se pode oír o murmurio do río ó pasar a carón do mesmo. Moi preto deste, está o lugar no que se fai a cerimonia, o cal persoalmente me pareceu moi bonito e acolledor.
En todo lugar no que se celebran vodas en Galicia, sempre existe unha opción A, é dicir, cando fai bo tempo, e unha opción B, é dicir, cando chove. Os noivos teñen que valorar ámbalas dúas porque xa sabemos que as probabilidades de choiva sempre son altas, e sobre todo en Santiago de Compostela. Se teño que poñerlle algunha pega á Quinta da Auga, é que a opción B para a cerimonia non me pegaba moito co estilo do resto do hotel. É un lugar un tanto "enxebre" dentro dun aloxamento decorado con moita clase.
Contacto: Mar Picado Montaos
eventos@aquintadaauga.com

0 comments:
Publicar un comentario