Este post está adicado a un naufraxio que tivo lugar unha lúa chea dun luns 4 de agosto de 1958. Moitas foron as mencións e historias que dende pequena oín sobre o "Cabo Razo" sobre todo por parte de miña nai, pero gracias á investigación dunha persoa do lugar, por fin podemos saber que aconteceu realmente aquela noite na que se escoitaban os acordes dos gaiteiros que celebraban a romaría da Virxen de Exipto, en Boiro.
Porto vello de Cabo de Cruz |
A xornada era de boa pesca pero pouco se imaxinaban os tripulantes do "San Antonio" o que esa noite lles tiña deparado. De súpeto conmoveunos un grande estrondo. O patrón tranquilizou ós rapaces decíndolles que o ruido correspondía á solta do vapor das caldeiras de algún barco, mais un dos mozos permaneceu atento ós sons que lle parecían moi estranos. De repente pareceulle oír uns lamentos "axuda, axuda por Deus..." Os gritos proviñan do interior da ría, á altura da punta do Chazo, a unhas tres millas deles. Tiraron de inmediato as redes e as capturas ó mar e puxéronse a remar coma poseídos, como se esa distancia en millas non fose nada.
Inmersos na aventura cara ó descoñecido, vogaron ata quedaren exhaustos.
Inmersos na aventura cara ó descoñecido, vogaron ata quedaren exhaustos.
Cabo Razo |
Os mariñeiros coa súa barquiña de seis metros, trataban de izar a bordo a cantos náufragos podían. Os rapaces sacaban forzas e valor aterrados pola escena da que eran testemuñas. O racú estaba a piques de afundirse co peso, pois auxiliaron e salvaron a once persoas. Cando xa non puideron embarcar a máis náufragos, levantaron os ollos e viron cómo o resto dos superviventes se ataban aos madeiros e eran levados pola corrente mar adentro. Xa non lles quedaba máis remedio que ir para o porto e dar a voz de alarma. Sairon en auxilio os barcos "Natividad", "Nosa Señora de Gracia" e "Can da Rabia" e foron quen de rescatalos preto da Illa de Rúa, a unhas seis millas do lugar de afundimento.
Reflotamento do Cabo Razo |
Xunto co temoneiro morreron outras doce persoas, algunhas delas veciñas do mar de Arousa. Anny Tissier foi levada de volta a Vilagarcía para retornar máis tarde a Francia. Dende entón, Anny, segue enviando unha tarxeta de agradecemento polo Nadal aos seus salvadores. Cando se afundíu o Prestige nas costas galegas, saíu publicada na prensa a nova de que unha anciá francesa enviara unha importante doazón económica dirixida aos mariñeiros da ría de Arousa. Esa ancía non era outra que Anny.
Pasaron os anos e os nenos do racú buscando traballo, atopáronse cun oficial ao que eles lle salvaran a vida. Este recrutaba mariñeiros para o buque "Monte Palomares". Foron a pedirlle traballo e el denegoullo sen telos recoñecido. Pero en realidade, e sen sabelo, estáballes devolvendo o favor pois o buque afundiuse nese ano nas Azores sen superviventes."
Bonita e tristeira historia ó mesmo tempo. Grazas por compartila con todos nós
ResponderEliminarUn pracer!
ResponderEliminarGracias poo artigo. Dis o principio "por fin podemos saber que aconteceu realmente aquela noite". Qué ocorreu? Grazas
ResponderEliminarPois que sabemos quenes foron realmente os heroes daquela fazaña na que se salvaron algunhas das persoas que ían a bordo do malogrado barco que naufragou na costa da Ría de Arousa, entre outras cousas. E de nada, a historia de Galicia está chea de sucesos que merecen ser contados.
EliminarPois que sabemos quenes foron realmente os heroes daquela fazaña na que se salvaron algunhas das persoas que ían a bordo do malogrado barco que naufragou na costa da Ría de Arousa, entre outras cousas. E de nada, a historia de Galicia está chea de sucesos que merecen ser contados.
Eliminar