Galizeando por Baiona


Concello situado na Área Metropolitana de Vigo (provincia de Pontevedra). Nel atópase o Castelo de Monterreal, que actualmente ten función de Parador Nacional. Ten unha grande importancia histórica, xa que en marzo de 1493 Martín Alonso Pinzón arribou ás costas de Baiona trala súa viaxe á América convertendo a esta vila na primera de Europa que soubo a noticia do descubrimento do Novo Mundo. Por iso o primeiro fin de semana de marzo celébrase no casco histórico de Baiona unha festa medieval chamada A Arribada, casco declarado "Conxunto de Interés Histórico Artístico" pola Xunta de Galicia o 1º de marzo de 1993, V Centenario da chegada da Carabela Pinta a Baiona.

A Vila de Baiona ten unha situación inmellorable para o abrigo das embarcacións deportivas e de pesca. O Monte Real Club de Yates de Bayona foi fundado no ano 64 e ocupa desde a súa fundación o recinto amurallado denominado “Batería del Cangrejo” do século XIV na península de Monterreal. En 1989 convirteuse no primeiro Clube de vela español en presentar un desafío á Copa América de Vela, a competición deportiva máis antiga do mundo. Nel organízanse as seguintes regatas: Trofeo Conde de Gondomar (24, 25, 26 e 27 de xullo) e Trofeo Príncipe de Asturias (5, 6 e 7 de setembro).

O seu clima caracterízase por suaves temperaturas durante todo o ano e por iso moita xente visita este enclave galego, sobre todo en verán, e por este motivo dispón dunha ampla oferta hoteleira. 

Neste post falaremos do Hotel Rompeolas, situado nun lugar privilexiado con vistas ás Illas Cíes, ás Illas Estelas e ó Parador. Ten un pequeno párking diante do mesmo pero hai poucos espazos. Podes probar sorte un pouco máis adiante. 


Ten 2 estrelas e a relación calidade-prezo é excelente. A atención é moi boa, os seus empregados son moi amables e en todo momento tes a alguén a quen poidas preguntar. A limpeza tamén é resaltable, as habitacións espazosas e por 3 euros poderás disfrutar dun almorzo con vistas ó mar.  

                                                                  
Hai numerosas praias ás que podes ir:  

Praia Ladeira: é a maior de todas as praias cos seus 1.300 metros de lonxitude. É a que se atopa máis afastada do centro urbano. Nela atópase o Cámping Bayona Playa.  


"A Ladeira"
Praia Santa Marta: máis de 200 metros de lonxitude con augas tranquilas e fínisima e branca area.  

Praia A Ribeira: con 180 metros de lonxitude esta é a praia máis preto do núcleo urbano. Atópase situada xunto a un parque e ós pes da fortaleza de Monte Boi. Conta con todo tipo de servizos destacando a proximidade a un aparcadoiro subterráneo e ás terrazas do paseo marítimo. 


Praia Barbeira: praia de 200 metros de lonxitude que se atopa nas faldas do Monte Boi. Para o seu acceso hai que achegarse ata a fortaleza e pasar baixo unha das súas portas.Está moi preto da praia de A Riberia e está moi protexida do oleaxe do mar grazas a un espigón e ó porto deportivo. O único inconvinte é que a partir das 18.30 horas máis ou menos comeza a facer sombra por causa das árbores que a abeiran.  


Praia Os Frades: pequena praia de 30 metros de lonxitude que se atopa nas faldas do Monte Boi e con maior oleaxe que as outras. A súa area é de gran máis groso e con abundacia de pedras, xa que está formada nunha pequena baía de rochas de mar, o cal dificulta un pouco o baño. 


Praia A Concheira: ten 50 metros de lonxitude e está ó inicio do paseo de Martín Alonso Pinzón. É a última praia de Baiona; a partir desta comeza a zona de rompentes sobre as rochas ó longo da costa.


Toda a Vila está atravesada polo carril-bici Vigo-Baiona-A Guarda polo que poderás facer os teus paseos en bicicleta se o desexas. Hai soamente un tramo, xusto a curva que pasa por diante do Hotel Rompeolas, no cal non hai carril polo que ten coidado porque a visibilidade é un pouco limitada. Norbike alquila bicicletas de paseo: info@norbike.es Montero Ríos 26 Vigo (Pontevedra) || Tlf/Fax: (+34) 986 135 819 Avenida de Montereal nº 10 36300 Baiona (Pontevedra) || Tlf: 986 355 179

As tarifas son por horas ou días completos. A hora é por 4 € e o día completo son 25 €. O horario é de 10 a 14 h e de 17 a 20.30 h de luns a venres. Sábados de 10 a 14 h.


Todo o casco histórico e o paseo de Baiona están cheos de restaurantes, bocaterías, bares, terrazas ... onde poderás desgustar a súa gastronomía e os seus platos típicos.
A pesar de ser un sitio tan turístico, os prezos parecéronme bastante "normais"; por exemplo, unha 1906 en terraza custa uns 2,10 euros e en bar sobre 1,60 para que vos fagades unha idea.





CASTELLANO.
Municipio situado en el Área Metropolitana de Vigo (provincia de Pontevedra). En él se encuentra el Castillo de Monterreal, que actualmente tiene función de Parador Nacional. Tiene una gran importancia histórica, ya que en marzo de 1493 Martín Alonso Pinzón arribó a las costas de Bayona tras su viaje a América convirtiendo a esta villa en la primera de Europa que supo la noticia del descubrimiento del Nuevo Mundo. Por ello el primer fin de semana de marzo se celebra en el casco histórico de Bayona una fiesta medieval llamada La Arribada, casco declarado "Conjunto de Interés Histórico Artístico" por la Xunta de Galicia el 1º de marzo de 1993, V Centenario de la Arribada de la Carabela Pinta a Baiona.

La Villa de Baiona tiene una situación inmejorable para el abrigo de las embarcaciones deportivas y de pesca. El Monte Real Club de Yates de Bayona fue fundado en el año 64 y ocupa desde su fundación el recinto amurallado denominado “Batería del Cangrejo” del siglo XIV en la península del Monterreal. En 1989 se convirtió en el primer Club de vela español en presentar un desafío a la Copa América de Vela, la competición deportiva más antigua del mundo. En él se organizan las siguientes regatas: Trofeo Conde de Gondomar (24, 25, 26 y 27 de julio) y Trofeo Príncipe de Asturias (5, 6 y 7 de septiembre).

Su clima se caracteriza por suaves temperaturas durante todo el año y por ello mucha gente visita este enclave gallego, sobre todo en verano, y por este motivo hay una amplia oferta hotelera. 

En este post hablaremos del Hotel Rompeolas, situado en un lugar privilegiado con vistas a las Islas Cíes, a las Islas Estelas y al Parador. Tiene un pequeño parking delante del Hotel pero hay pocos espacios para aparcar. Puedes probar suerte un poco más adelante. 


Tiene 2 estrellas y la relación calidad-precio es excelente. La atención es muy buena, sus empleados son muy amables y en todo momento tienes a alguien a quién puedas preguntar. La limpieza también es resaltable, las habitaciones espaciosas y por 3 euros podrás disfrutar de un desayuno con vistas al mar.  


Hay numerosas playas a las que puedes ir:  

Playa Ladeira: es la mayor de todas las playas con sus 1.300 metros de longitud. Es la que se encuentra más alejada el centro urbano. En ella se encuentra el Cámping Bayona Playa.


"A Ladeira"
Playa Santa Marta: más de 200 metros de longitud con aguas tranquilas y fínisima y blanca arena. 

Playa A Ribeira: con sus 180 metros de longitud esta es la playa más cerca de núcleo urbano. Se encuentra situada junto a un parque y a los pies de la fortaleza de Monte Boi. Cuenta con todo tipo de servicios destacando la proximidad a un parking subterráneo y a las terrazas del paseo marítimo. 


Playa Barbeira: playa de 200 metros de longitud que se encuentra en las faldas del Monte Boi. Para su acceso hay que acercarse hasta la fortaleza y pasar bajo una de sus puertas. Se encuentra muy cerca de la playa de A Riberia y está muy protegida del oleaje del mar gracias a un espigón y un puerto deportivo. El único inconveniente es que a partir de las 18.30 horas más o menos empieza a hacer sombra por los árboles que la cobijan. 


Playa Os Frades: pequeña playa de 30 metros de longitud que se encuentra en las faldas del Monte Boi y con mayor oleaje que las otras playas. Su arena es de grano más grueso y con abundacia en rocas, ya que está formada en una pequeña bahía de rocas de mar, lo cual dificulta un poco el baño. 


Playa A Concheira: playa de 50 metros de longitud al inicio del paseo de Martín Alonso Pinzón. Es la última playa de Baiona, a partir de esta comienza la zona de rompientes sobre las rocas a lo largo de la costa.


Toda la Villa está atravesada por el carril-bici Vigo-Baiona-A Guarda por lo que podrás realizar tus paseos en bicicleta si lo deseas. Hay solamente un tramo, justo la curva que pasa por delante del Hotel Rompeolas, en el cual no hay carril por lo que ten cuidado porque la visibilidad es un poco limitada. Norbike alquila bicicletas de paseo: info@norbike.es Montero Ríos 26 Vigo (Pontevedra) || Tlf/Fax: (+34) 986 135 819 Avenida de Montereal nº 10 36300 Baiona (Pontevedra) || Tlf: 986 355 179

Las tarifas son por horas o días completos. La hora es por 4 € y el día completo son 25 €. El horario es de 10 a 14 h y de 17 a 20.30 h de lunes a viernes. Sábados de 10 a 14 h.


Todo el casco histórico y el paseo de Bayona están llenos de restaurantes, bocaterías, bares, terrazas ... dónde podrás degustar su gastronomía y platos típicos. A pesar de ser un sitio tan turístico, los precios me han parecido bastante "normales"; por ejemplo, una 1906 en terraza cuesta unos 2,10 euros y en bar sobre 1,60, para que os hagáis una idea.







0 comments:

Publicar un comentario