Galizeando pola Ría de Arousa


Este domingo aproveitamos o bo tempo para facer un percorrido pola Ría de Arousa, a maior das rías que temos en Galicia. Esta ría é famosa pola súa riqueza mariña, sendo a zona de maior producción de mexilón de todo o mundo, cultivado nas innumerables bateas que podemos atopar na mesma.


Nela podemos ver numerosas illas e illotes entre os que destacan a Illa de Arousa, A Toxa (famosa polo seu coñecidísimo balneario), Sálvora, Cortegada ou Rúa.

Preto desta última, atopamos o illote de Areoso, de case 9 hectáreas, zona natural protexida que merece especial atención porque está constituído case completamente de area fina, co cal asemella unha duna xurdida do mar. Atópase a 1,4 km ó oeste da Illa de Arousa á cal pertence administrativamente. Na súa parte máis alta áchanse os restos de varios dólmenes ou túmulos megalíticos polo cal a zona está valada para que a xente que se despraza a disfrutar do bo tempo non poida acceder, aínda que desgraciadamente moitos non o respetan. Por este motivo tómanse medidas de protección para reducir o número de bañistas na zona e de embarcacións que acoden ó illote de forma masificada cando o tempo o permite. Con elas preténdese rematar ca importante degradación que ven sufrindo desde fai anos tanto da súa superficie coma dos seus fondos mariños. No interior do illote tamén podemos atopar unha colonia grande de gaviotas e outras aves mariñas.


As súas augas son bastante "frescas" polo que tiven que botar man do traxe de neopreno, pero a súa claridade e transparencia invitan a mergullarse nas mesmas, por eso sempre digo que é o Caribe Galego, un queda encandilado observando os seus fondos mariños e a súa area branca e fina que non ten nada que envidiar ós máis famosos destinos turísticos. Tamén tivemos a gran sorte de ver arroaces, os cales sóense deixar ver polas cercanías.


Un espectáculo que non te podes perder!!



EN CASTELLANO.


Este domingo aprovechamos el buen tiempo para hacer un recorrido por la Ría de Arousa, la mayor de las rías que tenemos en Galicia. Esta ría es famosa por su riqueza marina, siendo la zona de mayor producción de mejillón de todo el mundo, cultivado en las innumerables bateas que podemos encontrar en la misma. 


En ella podemos ver numerosas islas e islotes entre los que destacan la Isla de Arousa, A Toxa (famosa por su conocidísimo balneario), Sálvora, Cortegada o Rúa.

Cerca de esta última, nos encontramos con el islote de Areoso, de casi 9 hectáreas, zona natural protegida que merece especial atención porque está constituído casi completamente de arena fina, con lo cual asemeja una duna surgida del mar. Se encuentra a 1,4 km al oeste de la Isla de Arousa a la cual petenece administrativamente. En su parte más alta se hallan los restos de varios dólmenes o túmulos megalíticos por lo cual la zona está vallada para que la gente que se desplaza a disfrutar del buen tiempo no pueda acceder, aunque desgraciadamente muchos no lo respetan. Por este motivo se toman medidas de protección para reducir el número de bañistas en la zona y de embarcaciones que acuden allí de forma masificada cuando el tiempo lo permite. Con ellas se pretende terminar con la importante degradación que viene sufriendo desde hace años tanto de su superficie coma de sus fondos marinos. En el interior del islote también podemos encontrar una colonia grande de gaviotas y otras aves marinas.


Sus augas son bastante "frescas" por lo que tuve que echar mano del traje de neopreno, pero su claridad y transparencia invitan a sumergirse en las mismas, por eso siempre digo que es el Caribe Gallego, uno se queda encandilado observando sus fondos marinos y su arena blanca y fina que no tiene nada que envidiar a los más famosos destinos turísticos. También tuvimos la gran suerte de ver un grupo de arroaces, los cuales se suelen dejar ver por las cercanías. 


Un espectáculo que no te puedes perder!!



0 comments:

Publicar un comentario