A continuación veredes un post escrito pola miña amiga Jéssica Moreno (México) sobre a súa andaina no Camiño de Santiago. Considero que é moi interesante coñecer as diferentes perspectivas e motivacións que levan ás persoas de todas partes do mundo a vivir esta singular experiencia, así coma a forma na que o sinten e contan unha vez rematado. Aquí volo deixo.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgnSrH48H_nuBhJXux_lH4xkAfNnLzSUQH-PyrmZ-su2zLS-DwTp97XL-dK-mwLkZcIxbumOqqISJZCvGUwZ0njv2CmzSxSeKSZ46G-cJzjKJqhCJpeY5np9tMC7hEbymEUrRZC-WJ1o-A/s1600/IMG-20150409-WA0000%5B1%5D.jpg)
As emocións son distintas ás de onte; hoxe boto de menos andar, sento a falta do ruído dos pasos no sendeiro, de pronunciar e escoitar esas dúas palabras que nun principio pronunciei sen entender o significado, porque ¨buen camino¨ é máis que só iso, é unha reverencia por compartir un traxecto e é un desexo sincero de camiños futuros, a cada persoa, a cada instante, porque o camiño é de encontros e despedidas, é un fío condutor que se une ao final de cada etapa, na meta, que pon ante ti historias, persoas, momentos, que cobran sentido e entendes os porqués.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi_9RTuw8pklrZ2LGGpU1V3BsvraQUPt8AgXewXoRdZk9xJy50yG7Uz_Wg3k2RMPOFd-6_1CMAfLFUpWImkCfkcDYeHYsN-alSpotISC4xh0kA733RyLl7H7H6f8tMDArKRV9gvOl10aMs/s1600/IMG-20150409-WA0003%5B1%5D.jpg)
Porque o camiño nos dá e nos permite ser verdadeiros compañeiros de viaxe. Aprendes que a un paso lle segue outro, que cada paso é distinto ao anterior, ao dos outros peregrinos, porque aínda que sigan o mesmo traxecto e pisan o mesmo chan, percórrense camiños diferentes, notas e buscas cambios, e pregúntaste: Que camiño sigo? Quen quero ser? E empezas a encontrarte, a entenderte e tal vez a perdoarte.
Sen decatarte, o camiño decide cando entras nel. Percibes sensacións, esa enerxía e emoción indescritible, porque o camiño fálate, escóitate, acóllete, vaite guiando é cauteloso, impredicible, constante e imparable.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjHYOvBlq28rcROd32FXxZOhh6FtGTMTm4bXo4cwiuAcVgYlbqhxxTKE558BNTwtEAgrMj2fa17BEw_-EmcOgshKMmOJfOXJbvnt0h-YAOX8igV1G_H0GXOUNKWGxO21h0lT3ZdFUDgEx4/s1600/IMG-20150409-WA0001%5B1%5D.jpg)
Canto estas disposto a seguir cargando? Cantas cousas queres deixar ir? Queres saber o peso das túas decisións? Faino e descúbreo. Emprende esa aventura, por curiosidade, por necesidade ou simplemente para encontrar esa razón que che leva a seguir camiñando, xa non como un paseo cotián, se non como unha experiencia diferente, unha, que sen dúbida che digo que será das mellores nesta etapa.
Isto é como unha canastra básica: leite-ovo-terapia, e se fas o camiño, será a mellor terapia. Coñeceraste, entenderaste, chorarás, esforzaraste e ó mellor gozarás como poucas veces o tes feito, rindo, coñecendo e avanzando. Así que, peregrino en potencia, non me queda máis que dicirche, ¨Bo Camiño¨ ".
0 comments:
Publicar un comentario