Galizeando no Cemiterio de San Amaro: unha visita ao camposanto da Coruña.
Agora que se achega o día de Todos os Santos e a tradición de visitar aos defuntos, nós fumos visitar o cemiterio da Coruña. Tratándose dun cemiterio que mira ao mar, tiña que levar o nome dun santo navegante, San Amaro. Inaugurado en 1813, un paseo polo seu recinto é tamén un paseo pola historia e a arte funeraria de Galicia.

"Paseo central do cemiterio" |
Á
esquerda do cemiterio relixioso atópase o
cemiterio civil,
que tamén ten acceso propio dende o exterior. Entre as curiosidades
que alberga está o Monumento aos Mártires pola Liberdade, situado
no lugar onde antes
descansaban os restos de soldados alemáns da II Guerra Mundial,
ou a tumba da personaxe que inspirou a Manuel Rivas a súa famosa
novela “O
lápis do carpinteiro”.
A
ruta remata ante a porta do Cemiterio
Británico,
pechado ao público. Construido en 1867 polo cónsul británico en
Galicia para soterrar cónsules, mariños e cidadáns británicos,
pero tamén doutras nacionalidades como franceses, alemáns o
suizos.
O cemiterio coruñés está incluido na Association of Significant Cementeries in Europa (ASCE), unha rede de cemiterios singulares, e na Rede Europea de Cemiterios, xa que é un dos poucos cemiterios mariños do mundo.
Ante
o éxito do turismo necrológico ou turismo de cemiterios, desde
Turismo da Coruña crearon unha visita tematizada polos 200 anos de
historia do recinto. Guiada pola “ánima en pena” Fiz de
Cotovelo, ten lugar todos os sábados e convírtese en nocturna dúas
veces ao mes. En canto poidamos escapamos a unha desas visitas
nocturnas ao cementerio de San Amaro!
Autora: Lucía Cruz
0 comments:
Publicar un comentario