5 cousas que deberías saber se ves a Galicia

Se eres un amante da boa gastronomía, das paisaxes verdes e frondosas, do mar e do seu relaxante murmurio, das praias de area dourada e augas cristalinas, e das camiñatas na natureza…  o teu destino é Galicia. Se che gusta gozar dun destino en tódolos seus sentidos, e tomarte o teu tempo para viaxar, aquí terás a oportunidade de facelo. Conecta cas súas xentes e experimenta en primeira persoa unha cultura chea de tradicións vinculada dende sempre, co mar e ca terra. 

1. Que lugares visitar? Entre outras cousas, terás a opción de pasear polas rúas de Compostela e contemplar dende o Obradoiro a maxestuosidade dunha das Catedrais máis famosas e fermosas do mundo. Poderás visitar os nosos pobos mariñeiros onde a tradición e a gastronomía típica dos mesmos conectaranche cos seus habitantes e co seu día a día. Tamén poderás contemplar o mar infinito dende os acantilados de San Andrés de Teixido, os máis altos de Europa a tan “so” 612 metros do nivel do mar. Se che parece pouco, terás a oportunidade de camiñar polo paseo marítimo da cidade de A Coruña considerado o máis longo do mundo debido ós seus 13 km que bordean a península. E como non, tamén temos a Fervenza de Ézaro, a única de Europa que desemboca no mar, todo un espectáculo da natureza que non te podes perder. Moi preto, en Carnota, está un dos maiores hórreos do mundo con case 35 metros de lonxitude, vascho a perder?

A Coruña
E por último, vouvos a falar da mellor praia do mundo segundo o prestixioso diario británico The Guardian: a praia de Rodas nas Illas Cíes. Que podo dicir dela? Pois que un ten a sensación de atoparse no paraíso cando pasea pola beira do mar sentindo nos pés a súa area fina e branca digna dos destinos máis solicitados do mundo. As súas augas frescas e transparentes non deixan nada á imaxinación ofrecendo a oportunidade de ver e disfrutar dun fondo mariño rico e nutrido de todo tipo de animais e especies.

2. Que comer? A parte dos nosos atractivos paisaxísticos, non podo olvidarme tamén dunha das gastronomías máis famosas e recoñecidas do mundo. É famoso o noso pulpo á feira, os nosos pescados e mariscos, dos mellores do mundo, o cocido de Lalín e a tarta de Santiago, que xa se convirteu nun recordo indispensable para aquel que visita a cidade compostelana. E que podo dicir das nosas empanadas? Pois que soamente en Galicia atoparás as mellores empanadas do mundo elaboradas sempre de forma tradicional. Por último, non podería olvidarme dos pementos de padrón, que uns pican e outros non, e da nosa famosa e popular queimada, á cal se lle atribúen propiedades curativas e tamén, unha vez que se pronuncia o conxuro, servirache de protección contra os maleficios.



3. Onde comer? Recentemente, Santiago de Compostela foi elexido o segundo lugar de España onde mellor se come, por detrás de San Sebastián. Isto é debido a que contamos cuns excelentes cociñeiros e cuns produtos do mar e da terra que posúen unha calidade excelente e meritoria.


4. Cóidate un pouco. Galicia é o principal destino termal de España cas mellores augas para proporcionarche o descanso ideal ou recuperarte das túas doenzas. Temos balnearios coma o de Mondariz, pioneiro no termalismo galego e todo un referente en Europa. Que hai mellor que isto?

Balneario de Mondariz
5. Onde durmir? E pra rematar, o aloxamento. Como defensora do Turismo "Slow" ou Turismo Lento son partidaria de permanecer nun destino varios días para poder coñecelo a fondo e disfrutar do entorno e das súas xentes. Persoalmente recoméndovos unha web chamada Hundredrooms que che permite atopar un apartamento no destino que ti escollas para pasar as túas vacacións e así poder ir ó teu aire sen pagar moito. Dende Viveiro ata Sanxenxo e pasando por Santiago de Compostela, poderás atopar o sitio que máis che guste e que máis se adapte ó teu bolsillo. E con isto a experiencia está completa!! 


0 comentarios:

Publicar un comentario