A nova tendencia en turismo: o "Digital Detox"


O diccionario define “Digital Detox” como tomarse un respiro de aparatos electrónicos como ordenadores, móbiles ou tablets. Isto, aplicado a viaxar, trátase de realizar unha estancia sin interferencias tecnolóxicas que nos poidan distraer de disfrutar aspectos cotidiáns coma unha boa comida, un fermoso amencer, unha siesta, un bo paseo … e facelo nun emprazamento coidado ao detalle e ubicado nun entorno privilexiado.

Fonte: www.visionesdelturismo.es
Existen xa aloxamentos pioneiros que ofrecen paquetes de “desintoxicación dixital”. Na súa  maioría trátase de pequenos hoteis moi exclusivos ou resorts de luxo ubicados en plena natureza e dirixidos a un público de alto poder adquisitivo. 

Moitas veces seguen a estética Feng Shui, a súa arquitectura busca a integración co seu entorno e ofrecen servizos e actividades relacionados co coidado do corpo e da mente. 

Se non podes deixar de mirar o teu móbil nin un instante, vólveste tolo cando te quedas sin cobertura, revisas todo o tempo os teus emails, tes a necesidade de darlle ao "me gusta" en canto pisas un restaurante, fotografiar o que vas a comer para subilo a Instagram e deixar a túa opinión nas redes sociais, entón, ERES UN CANDIDAT@ PERFECTO.

Fonte: Turgalicia
En Galicia todavía non temos ningún aloxamento que ofreza packs de "digital detox" pero as casas rurais son unha opción ideal se queres ter unhas vacacións alonxad@ do axetreo cotidián da cidade e desconectar. Aparte de ofrecerche espectaculares rincóns da natureza, tamén che proporcionarán o poder degustar a suculenta gastronomía. 

Por exemplo, en Casa O'Crego (Lugo) viaxamos ata Os Ancares para perdernos nos montes galegos e refuxiarnos así da urbe. Esta casa levaba deshabitada máis de 30 anos ata que se convirteu no que é ahora: unha oportunidade para desaparecer no verdadeiro rural galego. Aquí poderás aprender cerámica, orfebrería, facer sendeirismo e incluso cicloturismo.

Moitos mosteiros e conventos abren as súas portas a todo aquel visitante que queira achegarse a pasar uns días de retiro nas súas Hospederías. Cada vez máis xente acode a eles buscando a paz, o descanso e o silencio que fan únicos estos enclaves. 

Na actualidade estas hospederías empréganse para rezar, realizar exercicios espirituais, convivencias ou atopar un espazo de recollemento e reflexión individual. En Galicia temos, por exemplo, o Mosteiro de Sta. Mª de Armenteira en Pontevedra: a comunidade das Irmás Clarisas que viven en Meis, acollen na súa hospedería a aquelas persoas que queiran reflexionar  ou meditar e que para elo necesitan paz e tranquilidade. Ou tamén o Mosteiro cisterciense do Divino Salvador en Ferreira de Pantón, Lugo que ofrece retiros espirituais dunha semana soamente a mulleres.

Fonte: www.monasteriosyconventos.com
É unha forma máis de diferenciarse de outros destinos e adaptarse ás novas tendencias.