Si vas pola rúa Valle Inclán en dirección a Vilaxoán podes contemplar á túa esquerda tres casas enormes (dúas en estado ruinoso e outra todavía habitada) rodeadas dos seus respectivos macroterreos. Son miles de metros cadrados de extensión prácticamente abandoados que nos últimos tempos suscitaron algunhas iniciativas que revitalizarían considerablemente ese entorno. Estas propiedades forman parte do catálogo de edificios e elementos a conservar, dentro do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
O mar chegaba ata as mansións de A Comboa -palabra que significa precisamente entrada do mar na terra-, e estas casas grandes, que ocupaban as familias podentes da época, tiñan os seus propios embarcadeiros. Esa imaxe, que se conserva nas vellas postais e fotografías en blanco e negro, empezou a cambiar para sempre en 1915, data na que comenzan as obras do gran porto comercial de Vilagarcía. Pasaron os anos, e esas mansións foron sucumbindo á ruína e ao tiempo.
Despois da idea de construír un hotel na mansión dos duques de Terranova, agora a directiva do Liceo Casino de Vilagarcía proxecta un complexo de ocio e deporte na finca Villa Milagros. Este barrio recibeu tamén varias visitas dos reis Alfonso XII e Alfonso XIII e de feito a residencia real que a comezos do século XX se proxectou na illa de Cortegada ideouse primeiro en A Comboa.
VILLA MILAGROS OU CASA CALDERÓN...
Construeuse a finais do século XIX, cando o mar todavía bañaba A Comboa e a estrada litoral a Vilaxoán non figuraba nin nos planos. Levantada pola familia Calderón, hoxe en día é propiedade dos Fernández de la Riva, cuxa residencia está fixada en Madrid.
Fonte: www.patrimoniovilagarcia.com |
Tras sufrir un incendio no 2002, a edificación
non ofrece moito máis á vista que a súa castigada fachada. Pero o seu interés
histórico é indudable, así coma o valor ambiental dos 9.000 metros
cadrados que compoñen o espazo da finca.
Rehabilitar o inmoble
sería, evidentemente, moi costoso. Tal vez por iso, o prezo da
villa fixouse por enriba do millón de euros.
MANSIÓN DOS DUQUES DE TERRANOVA...
A mansión de Medina de las Torres, coñecida popularmente coma a casa dos duques de Terranova, está deshabitada dende aproximadamente o ano 1930. Deixárona bastante amoblada conservando camas, armarios, bañeiras, todo tipo de mobles e utensilios de cociña. No seu interior tamén encontramos unha capela moi ben conservada. Pouco a pouco fórona desvalixando ata quedar de novo olvidada, pero un día un grupo de mozos solicitou permiso para rodar “Cuando la curiosidad te mata”, un cortometraxe que desvela os misterios e os segredos que se esconden detrás das paredes da mansión. O equipo de Vídeos Creativos encargado do proxecto, quixo utilizar a curiosidade que os vilagarcianos teñen sobre a historia desta mansión privada.
Fonte: www.patrimoniovilagarcia.com |
A primeira referencia á súa construción remóntase aos anos 1881 e 1882, nunha época na que o entorno de A Comboa pertencía ao Concello de Vilaxoán. O deseño do parque que rodea a casona foi obra do mesmo xardineiro que entonces asistía á Casa Real. Sendo a duquesa niñeira de Alfonso XII, non é estraño que tanto o monarca coma o seu sucesor Alfonso XIII, se aloxasen nela en distintas ocasións. Sin ir máis lonxe, o avó de Xoan Carlos I pernoctou nas súas habitacións en 1900, con ocasión dunha visita á ría. A mansión, de feito, disfrutaba da condición de residencia real en Galicia.
A CASA DA FAMILIA GONZÁLEZ GARRA...
É unha das que mellor se conserva actualmente. Foi adquirida a
principios do século pasado e reformada entre os anos 1919 e 1920
añadíndolle as galerías que ten na actualidade. Coma todas as
casas situadas nesta zona, o mar chegaba ata a súa porta.
Posteriormente, co trazado da estrada que une Vilagarcía con
Vilaxoán, o espazo quedou dividido conservando un pequeno lago
artificial que transcorre por unha canalización subterránea.
Hoxe en día é coñecida coma "A casa do Lago".
Vendo o estado ruinoso de dúas das tres mansións que forman parte do entorno da lagoa de A Comboa e a historia que albergan, paga a pena reflexionar porqué as deixaron chegar ata este estado tan lamentable e que ninguén fixera nada ata o día de hoxe. Varios proxectos sobre o papel pero ningún se levou a cabo ben por deixadez ou por falta de fondos. Forman parte do patrimonio de Vilagarcía e en pouco tempo van a desaparecer e con elas o seu recordo e as súas lendas e historias.
Vendo o estado ruinoso de dúas das tres mansións que forman parte do entorno da lagoa de A Comboa e a historia que albergan, paga a pena reflexionar porqué as deixaron chegar ata este estado tan lamentable e que ninguén fixera nada ata o día de hoxe. Varios proxectos sobre o papel pero ningún se levou a cabo ben por deixadez ou por falta de fondos. Forman parte do patrimonio de Vilagarcía e en pouco tempo van a desaparecer e con elas o seu recordo e as súas lendas e historias.
Fontes: www.patrimoniovilagarcia.com
www.snarnia.blogspot.com.es
Buenos días, gracias por seguirnos en tweeter, será un placer enseñarte este rincón mágico de Galicia la próxima vez que andes cerca de Santiago,
ResponderEliminarGracias y un cordial saludo,
Gonzalo R.A
675041555
Sempre me quedo mirando coma un parvo estas casas cando paso por alí, teñen unha aura especial... e quen me dera ter cartiños para restauralas!
ResponderEliminarPois si, unha mágoa que acabaran como están :(
EliminarUnha cousa, sabes se ese lago que ten xease en inverno?
ResponderEliminarNo dado que está ó ladiño do mar :)
Eliminara lagoa é de auga salagada,está comunicada co mar por unha canalización que vai por debaixo do vial do porto, polo que é sensible ás mareas e pode renovarse.
Eliminar