Aproxímanse as festas de San Xoán! En numerosos rincóns da nosa terra, na noite do solsticio de verán, establecida dende o cristianismo na noite de San Xoán, ríndese culto ó lume (fogueiras), á auga (baños sagrados), e ás herbas (herbas de San Xoán). Máis coñecida como a ‘Noite Meiga’, dise que nesta noite máxica comunícanse o mundo do máis alá co de máis acá. É o momento de espantar ós malos espíritus.
As fogueiras acéndense chegado o día 24, é dicir, pasada a media noite. Atribúeselles protección e boa sorte ó feito de saltalas nove veces. A continuación as festas de San Xoán que eu considero as máis máxicas e especiais de toda Galicia:
1. Cidade de A Coruña.
Na A Coruña, San Xoán conseguiu o mérito de ser considerada como Festa de Interese Turístico Nacional. Os coruñeses festexan a chegada do verán con multitude de fogueiras, sardiñadas e un espectacular ambiente nunha festa que cada ano atrae un maior número de persoas e de turistas. Dende moi cedo pola mañá anúnciase a festa con un desfile de bandas e carrozas de meigas para rematar pola noite ca queima da fogueira.
Na A Coruña, San Xoán conseguiu o mérito de ser considerada como Festa de Interese Turístico Nacional. Os coruñeses festexan a chegada do verán con multitude de fogueiras, sardiñadas e un espectacular ambiente nunha festa que cada ano atrae un maior número de persoas e de turistas. Dende moi cedo pola mañá anúnciase a festa con un desfile de bandas e carrozas de meigas para rematar pola noite ca queima da fogueira.
Pero a fogueira máis concorrida é a que se levanta na praia de Riazor, ca figura dunha bruxa de cartón pedra, ó redor da cal se satirizan sucesos da vida política e social vividos ó longo do ano, antes de plantarlle lume.
Ata aquí chegan en cabalgata a Meiga Maior, a Meiga Maior Infantil e as súas respectivas meigas de honor, que son as encargadas de acender a fogueira, nun espectáculo que abarrota as praias de Riazor e do Orzán.
2. Cuntis (Pontevedra).
Dende fai uns anos esta festa faise en Castrolandín, asentamento prehistórico de máis de 2.500 anos localizado a 1 km do núcleo urbano (dende aquí podemos disfrutar dunha vista panorámica de todo o val de Cuntis). Neste lugar, recuperouse una vella tradición: no solsticio de verán, a noite do 23 de xuño celébrase acendendo 52 antorchas das que colgan 7 piñas, simbolizando as 52 semanas do ano e os 7 días da semana. Esta tradición constitúe un dos rituais máis máxicos de toda Galicia.
Fogueira de San Xoán |
3. Praia da Lanzada (Pontevedra).
A Ermida da Nosa Señora da Lanzada foi construída no século XII en estilo Románico tardío. Está situada no extremo máis occidental dunha punta que se mete no mar. A lenda di que a capela áchase nun lugar onde seguramente un deus pagano foi venerado, moi posiblemente relacionado coa fertilidade.
É por isto que aquí se celebra a noite máis máxica do ano cuns ritos moi particulares: as mulleres que queiran concebir, deberán bañarse nove veces e contar sete olas dende a número dúas ata a número nove. Para completar o rito de fecundidade, deberán deitarse sobre o Leito da Virxe que está situado moi preto da ermida ou pór ofrendas florais no mesmo.
Ermida da Nosa Señora da Lanzada (Fonte: wikipedia) |
0 comments:
Publicar un comentario