Sen dúbida, un lugar ideal para perderse na natureza, desconectar do mundo e experimentar a autenticidade dunha aldea galega, é Imo. Terra de meus avós e de meu pai, é un pequeno recuncho agochado nun lugar de Galicia moi preto da desembocadura do río Ulla. De seguro que te estarás preguntando, e que se pode atopar un aquí? A continuación a miña resposta.
Imo conta con un conxunto de once hórreos de terra do tipo Noia datados do século XVIII e declarados Ben de Interese Cultural (BIC). Esta concentración tan orixinal coñécese co nome de os Hórreos da Lavandeira e atópanse na Eira de Abaixo.
Están restaurados e representan un dos conxuntos máis importantes que temos hoxe en día en Galicia. O lugar no que están ubicados ven sendo o campo da festa da localidade dende que eu teño memoria; un bonito marco para unha celebración que ten lugar o primeiro domingo de setembro en honra de San Roque e da Virxe das Dores.
A súa outra festa é a Romaría da Cruz do Abelán a principios de Xuño, ao lado do mesmo cruceiro. Situado no cruce de camiños de Teaio, A Devesa e Imo, data do ano 1672. É o cruceiro máis antigo de toda Galicia.
Existe outra concentración de hórreos, pero estes estan en peores condicións. O lugar no que se atopan, chámase a Eira de Arriba.
![]() |
Hórreos da Lavandeira |
Existe outra concentración de hórreos, pero estes estan en peores condicións. O lugar no que se atopan, chámase a Eira de Arriba.
![]() |
Grupo de Hórreos da Eira de Arriba |


Se eres fan do "Turismo de Vagar" ou "Turismo Slow", gozar da autenticidade de Galicia, estar en contacto coa natureza e deixar atrás o ritmo frenético que caracteriza o teu día a día, anota este lugar na túa axenda.
Fermoso lugar, para a fin de semá seguinte vamos darlle unha visita.
ResponderEliminarFacedes ben :)
ResponderEliminarEsta moi ben pero eu abria comentado tamen algo sobre as Brañas de Laiño, as cales inspiraron a Rosalia de Castro; ou sobre os petroglifos de Bousa Vadin.
ResponderEliminarTotalmente dacordo contigo, aínda quedaban algunhas cousas máis no tinteiro, pero non te preocupes que as estaba reservando para a próxima entrada :)
EliminarDescubrín Imo fai unha semaniña e alí que fun á aventura... e namoreime! Ao chegar á casa informeime un pouco sobre qué máis ver por alí e quedeime coas ganas de subir ata a Cruz do Abelán e ir ata Teaio e ver o paisaxe... e acabo de dar co teu blog e teño moitísimas ganas de ir! :D
ResponderEliminarJaja, alégrome moito. Esperemos que poidas ir pronto. Un saudiño.
EliminarQue maravilloso lugar, pena de que alguns quieran acabar con lugares tan bonitos e con tanta historia como o da foto da parra co camiño de baixo, pretenden quitaba parra,en fin...
ResponderEliminarSeguiremos loitando para poder mantela en pe
Pois xa me dirás que mal lles fai a parra :(
Eliminar