Lugares ideais para experimentar a autenticidade dunha aldea galega


Sen dúbida, un lugar ideal para perderse na natureza, desconectar do mundo e experimentar a autenticidade dunha aldea galega, é Imo. Terra de meus avós e de meu pai, é un pequeno recuncho agochado nun lugar de Galicia moi preto da desembocadura do río Ulla. De seguro que te estarás preguntando, e que se pode atopar un aquí? A continuación a miña resposta.

Imo conta con un conxunto de once hórreos de terra do tipo Noia datados do século XVIII e declarados Ben de Interese Cultural (BIC). Esta concentración tan orixinal coñécese co nome de os Hórreos da Lavandeira e atópanse na Eira de Abaixo. Están restaurados e representan un dos conxuntos máis importantes que temos hoxe en día en Galicia.  O lugar no que están ubicados ven sendo o campo da festa da localidade dende que eu teño memoria; un bonito marco para unha celebración que ten lugar o primeiro domingo de setembro en honra de San Roque e da Virxe das Dores. 
Hórreos da Lavandeira
A súa outra festa é a Romaría da Cruz do Abelán a principios de Xuño,  ao lado do mesmo cruceiro. Situado no cruce de camiños de Teaio, A Devesa e Imo, data do ano 1672. É o cruceiro máis antigo de toda Galicia.

Existe outra concentración de hórreos, pero estes estan en peores condicións. O lugar no que se atopan, chámase a Eira de Arriba. 
Grupo de Hórreos da Eira de Arriba

Imo conta con unhas carrilleiras polas que perderse que non deixarán de sorprenderche a cada paso que das. Dende hórreos, fontes ata casas antigas polas que o tempo parece non pasar, en algúns casos, ou non perdoou, en outros. E o mellor de todo é que mentres un pasea soamente se oe, ou ben o murmullo da auga se estás preto dunha das cinco fontes que existen no lugar (cada unha co seu nome: fonte de Resúa, fonte de Ministro, fonte de Rita, fonte de Victorio e fonte de Cebolarivas), ou ben os paxaros cantando nun ton moi agradable e baixiño que te vai acompañando durante todo o camiño.


Conta con unhas vistas espectaculares do río Ulla que consiguen hipnotizar ata ó máis escéptico. Tamén ten camiños entre a natureza onde a un lle gusta perderse de vez en cando e onde a man do home aínda non se deixou sentir.

Se eres fan do "Turismo de Vagar" ou "Turismo Slow", gozar da autenticidade de Galicia, estar en contacto coa natureza e deixar atrás o ritmo frenético que caracteriza o teu día a día, anota este lugar na túa axenda.


8 comentarios:

  1. Fermoso lugar, para a fin de semá seguinte vamos darlle unha visita.

    ResponderEliminar
  2. Esta moi ben pero eu abria comentado tamen algo sobre as Brañas de Laiño, as cales inspiraron a Rosalia de Castro; ou sobre os petroglifos de Bousa Vadin.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Totalmente dacordo contigo, aínda quedaban algunhas cousas máis no tinteiro, pero non te preocupes que as estaba reservando para a próxima entrada :)

      Eliminar
  3. Descubrín Imo fai unha semaniña e alí que fun á aventura... e namoreime! Ao chegar á casa informeime un pouco sobre qué máis ver por alí e quedeime coas ganas de subir ata a Cruz do Abelán e ir ata Teaio e ver o paisaxe... e acabo de dar co teu blog e teño moitísimas ganas de ir! :D

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jaja, alégrome moito. Esperemos que poidas ir pronto. Un saudiño.

      Eliminar
  4. Anónimo25/10/17

    Que maravilloso lugar, pena de que alguns quieran acabar con lugares tan bonitos e con tanta historia como o da foto da parra co camiño de baixo, pretenden quitaba parra,en fin...
    Seguiremos loitando para poder mantela en pe

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois xa me dirás que mal lles fai a parra :(

      Eliminar