Fonte: www.viajerosexpress.com |
Historia: no 1120 a illa foi invadida por naves sarracenas
que se refuxiaron nela esperando reforzos cando se dispoñían a
invadir estas terras. Pero a tardanza daquela axuda, fixo que os
navíos cristiáns enviados por orde do arcebispo de Santiago se
apoderasen das naves invasoras, freando por longo tempo estas
incursións. A partir de entón, esta illa descoñecida comeza a ser
ambicionada pola nobreza. O desinterese do Cabildo
Compostelán por Sálvora, fixo que a partir desa época, os veciños de
Carreira foran ocupando a illa para utilizala como terreos de
cultivo, chegando a establecerse nela anos máis tarde.
O señorío da illa correspondíalle aos Fandiño e aos Mariño, que
ordenaron a poboación da illa ata que pasaron a propiedade ao
marquesado de Revilla. No ano 1770, o comerciante coruñés D. Jerónimo de Hijosa instalou por
poder unha fábrica de secado e salgadura de peixe, á que en 1960 se lle engadiron dúas torres e ameas, e hoxe é coñecida como O Almacén, sendo a primeira factoría de salgadura de Galicia.
A principios do século XIX, as dificultades económicas fan que os
habitantes de Carreira se despracen á illa para traballar como caseiros
de explotacións agrícolas e gandeiras. Consolídase unha pequena aldea
con oito casas en torno a unha praza e dúas fontes de auga potable. A
poboación era de 60 persoas e coñecíaselles polo nome da casa
que habitaban.
Sálvora e o Concello de Riveira foron honrados como "moi
humanitarios", e especialmente tres mulleres foron condecoradas como
Heroínas de Sálvora, polo auxilio aos náufragos do vapor-correo
"Santa Isabel", logrando salvar a vida de 53 persoas e que deixaría tras de sí un rastro de 213
mortos. A fazaña valeulles varias medallas ao mérito así como o recoñecemento de Moi nobre, moi leal e moi hospitalaria á vila de Riveira, concedido polo rei Alfonso XII. Fronte ao faro, pódese ver a pedra de Lapegar, causante do naufraxio aquela noite de temporal do 2 de xaneiro do ano 1921. Vivían entonces na aldea 59
persoas, e a metade delas estaba nos pobos da costa
celebrando as festas navideñas cando aconteceu o suceso. Aquel
mesmo ano inaugurouse o actual faro. Podes saber máis desta historia no enlace: http://salgueiras.blogspot.com.es/2011/04/las-heroinas-de-salvora.html
No 1958 a familia Otero-Goyanes recuperou a propiedade da illa, xunto
cos illotes de Vionta e Noro sendo o prezo de compra ao Estado Español de 1.293.758
pesetas da época. Ata o ano 1960, os veciños de Carreira levaban en barcas o gando para pastar nos prados. O último habitante abandonou a aldea no 1972.
Lendas: no frontal da Illa pódese ver a estatua dunha serea: a serea de Sálvora. Chámase Mariña e é a nai dos primeiros propietarios da illa, os Mariño. A escultura data de 1968 e é obra do escultor burgalés
Ismael Ortega Martín, que a fixo por encargo de Joaquín
Otero-Goyanes, marqués de Revilla, herdeiro descendente dos primeiros
propietarios da illa. A lenda da serea de Sálvora explica a orixe desta familia quenes na segunda metade do século XX convertiron a
antiga fábrica de salgadura nun pazo e a taberna do pobo na capela
anexa.
Conta a lenda que a serea Mariña foi encontrada na praia polo cabaleiro don Froilaz, que deseguida descubreu que era muda; casouse con ela e froito daquela relación naceu Mariño.
Preocupado pola mudez da súa muller, don Froilaz confiou o seu pesar ao
abade, e este aconselloulle que lle provocara unha forte emoción que puidera
devolverlle a fala. O nobre acendeu entón unha fogueira e nun
momento no que Mariña se achegou co seu fillo en brazos arrebatoullo e simulou botalo ao lume, o que causou a reacción esperada, e Mariña
pronunciou o seu primeiro son.
0 comments:
Publicar un comentario