No meu afán por buscar rincóns "Slow" en Galicia, atopeime con un bonito aloxamento no lugar de Chavín (Viveiro), onde se celebra a famosa romería do Naseiro, da que falaremos en próximos artigos. Eu persoalmente non coñecía esta zona, así que matei dous paxaros dun tiro, e alí me fun.
Unha vez que se chega a Chavín, xa hai indicacións para a Casa do Batán, así que non houbo maior problema para atopala. Os "caseiros" son Luz e Antón, unha parella moi "Slow" que leva dirixindo este lugar dende xa fai once anos. E estarédesvos preguntando, pero que quere dicir que sexan "Slow"? Pois quere dicir ...
- Que estamos ante unha casa onde a tradición aparece mesturada coa modernidade.
- Onde as comidas están compostas por produtos de "km 0", é dicir, como moi lonxe procedentes de 100 km á redonda, e elaborados sempre na súa cociña.
- Que son sostibles e respectuosos co medio ambiente en todo momento.
- A ausencia de TV, que vos direi que en ningún momento se bota de menos. Isto contribúe a que os habitantes da casa interactúen entre eles.
- Un ambiente tranquilo e de relax onde o ritmo o marcas ti.
Unha vez que sabemos o que significa este concepto, novo para algúns e xa coñecido para outros, seguirei contando a miña experiencia en Casa do Batán. Luz e Antón estaban na porta para recibirnos e, antes de nada, amosáronnos a casa contándonos a súa historia (se queredes sabela, teredes que ir). Trataron de manter a esencia da mesma conservando lugares como a pedra do muiño (hoxe unha pequena biblioteca), os comedeiros do gando, a lareira, o lavadeiro de pedra... pero todo isto adaptado ós nosos tempos, cuns pequenos toques de modernidade.
O último punto do percorrido foi a nosa habitación, chamada Lúa Chea, ampla, luminosa e cunha decoración do máis orixinal. Porque aquí tódalas habitacións (catro en total) teñen o seu nome: Lúa nova, Cuarto menguante e Cuarto crecente, cada unha diferente e especial ó seu xeito.
Máis tarde, achegámonos a cear a Viveiro e unha vez que voltamos, tiñabamos unha bandexa con licores esperando por nós na mesiña do salón. Cando comezábamos a degustalos, Luz e Antón apareceron para interesarse por nós. Ahí comezamos unha longa e entretida conversa na que falamos de moitas cousas e que xa nos levou á madrugada. Cóntanme que isto fanno con tódolos hóspedes, parellas que visitan este singular e apartado lugar procedentes de tódalas partes do mundo.
Ó día seguinte, tocaba probar o famoso "Almorzo Bataneiro" do que tanto oira falar.
Tiñamos ata as 12 así que non apuramos moito. Ó son de fados, Luz sirveunos en primeiro lugar, un plato con tortilla de patacas de coristanco, chourizos de porco celta e queixo de San Simón. Se a pinta era boa, o sabor aínda era mellor. Notábase a calidade do produto ofrecido; un luxo para o noso paladar. En segundo e último lugar, a parte doce do almorzo: brownies de chocolate, madalenas e bica, eso si, todo sempre bataneado, é dicir, feito por eles (bueno, feito por Antón que é o cocinitas da casa). Ese día non comemos, con eso xa volo digo todo.
Outras cousas que batanean: un bonito hórreo que está situado na entrada e que da pé a un orixinal rincón:
Coidan moito os detalles como a calidade de sábanas e toallas, amenities de cosmética vexetal, e unha atmósfera de tranquilidade e relaxación que sempre está presente na casa e no seu entorno. Moitos establecementos pensan que non valoramos tan "pequenos" detalles, pero non é así, valorámolos e moito. Insisten en que eles ofrecen hospitalidade ante todo, e procuran dar o que eles quererían recibir. Ser "Slow" foi o resultado dunha evolución durante todos estes anos que levan abertos, e tratan de trasmitirlle esta "forma de vida" a todo aquel que pasa por Casa do Batán.
E así como fomos, así viñemos: Luz e Antón na porta despedíndose de nós ata outra ocasión.
Xa ves, si estades máis tempo aquí ata vos "bataneamos" a vós! ;)
ResponderEliminarEn serio, moitas grazas!
Non hai maior satisfacción para nós que ver, como é o caso, que os nosos hóspedes se contaxían da maxia de este lugar!
Grazas por vir e por tan fermosas palabras!
Sinceiramente, da gusto atoparse xente tan agradable coma vós. Eu creo que ese é o voso segredo, non o perdades nunca. Un saudiño!!
Eliminar