Que podo dicir para que veñades a visitar Santiago? Eu creo que é un dos poucos lugares que non necesita presentación, pero por se alguén anda despistado recordareivos algunhas das razóns polas que non podes deixar de vir a esta cidade:
Como non, a súa Catedral
en honra ó Apóstolo Santiago, o cal a convirteu nun dos principais
centros de peregrinación na Idade Media a través do tan coñecido Camiño de Santiago. Unha curiosidade: no 1122, o papa Calixto II declarou que sería "Ano Santo"
tódolos anos nos que o 25 de xullo (día de Santiago) coincidira en
domingo. Todos os días chegan a Santiago centos de peregrinos desexosos
de ver a Catedral por algunha das numerosas rutas polas que podes facer o
camiño: Camiño Francés, Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Vía da
Prata, Camiño Mozárabe, Camiño Portugués, Camiño Inglés ... Podedes
atopar máis información sobre os camiños no seguinte enlace: http://www.caminosantiago.org/cpperegrino/caminos/caminos.asp
Por se non o sabes, nestes momentos están con tarefas de restauración e aínda poderedes ver a andamiaxe durante uns meses máis. Máis información no seguinte enlace: http://www.abc.es/local-galicia/20131102/abci-claves-restauracion-catedral-santiago-201310311211_1.html
Ah, por certo, un dato cultural importante: Santiago de Compostela foi declarado pola Unesco Patrimonio Cultural da Humanidade no ano 1985 e o seu Camiño no 1993. Outras das conderacións otorgadas son:
- 1992. Premio Firenze outorgado polo Centro Culturale Firenze Europa o 5 de decembro de 1992. Patrocina: Comune de Florencia.
- 1996. Premio Gubbio 1996. Convocado cada tres anos pola Asociación Nacional de Centros Histórico Artísticos de Italia (ANCSA) e polo Concello de Gubbio. Concedido ó programa Ponte de Rehabilitación de Vivendas da Cidade Histórica de Santiago de Compostela.
- 1998. Premio Europeo de Urbanismo. Concedido pola Comisión Europea na categoría de planificación local, despois de competir con 130 actuacións de todo o continente.
- 2001. Premio Torre Guinigi. Concedido pola cidade italiana de Lucca (Toscana) polos traballos de recuperación da cidade histórica desenvolvidos nos últimos anos.
- 2002. Premio Boas Prácticas (ONU). Obtido no IV Concurso Internacional de Boas Prácticas das Nacións Unidas pola planificación da protección e rehabilitación da Cidade Histórica de Compostela.
- 2004. Premio Príncipe de Asturias á Concordia ó Camiño de Santiago como lugar de peregrinación e de encontro entre persoas e pobos que, a través dos séculos, convirteuse no símbolo de fraternidade e vertebrador da conciencia común europea.
- 2006. Premio Bandeira Verde-Cidade Sostible. Concedido pola Federación de Usuarios e Consumidores Independentes e apoiado polo Ministerio de Medio Ambiente a través da Fundación Biodiversidade. Este galardón recoñece a labor dos concellos españois que de maneira eficiente camiñan cas súas actuacións cara a sostibilidade.
Pincha neste enlace e poderás ver a totalidade de galardóns outorgados a Santiago de Compostela: http://www.santiagodecompostela.org/turismo/interior.php?txt=t_patrimonio&lg=cas
Bares e restaurantes da cidade:
dispón dunha oferta moi ampla donde poderás degustar e saborear a
gastronomía típica galega con productos de excelente calidade. Polo
xeral poderás beber un viño ou unha cervexa por entre 2 euros e 2,50 coa
súa correspondente tapa, pero despois están donde son máis xenerosos ou
algo máis escuetos. Persoalmente eu recomendo As Bodeguillas (San
Lázaro, San Roque e Santa Marta). As tapas son abundantes e os prezos
razonables e a súa carta paréceme moi variada e orixinal. Poderás
degustar entre outras cousas dunha ensalada de vieiras con gambas ou dun
revolto de champiñóns, wakame e ourizos. Consulta a súa páxina web: http://bodeguilladesanroque.com/ Tamén recomendo A Gamela,
un pequeno recuncho na zona vella, preto de Cervantes. Ten una carta
fundamentada en racións: setas, tortillas, revoltos e os tradicionais
bocadillos: http://agamela.com/
0 comments:
Publicar un comentario