Galizeando por Compostela


Que podo dicir para que veñades a visitar Santiago? Eu creo que é un dos poucos lugares que non necesita presentación, pero por se alguén anda despistado recordareivos algunhas das razóns polas que non podes deixar de vir a esta cidade:


Como non, a súa Catedral en honra ó Apóstolo Santiago, o cal a convirteu nun dos principais centros de peregrinación na Idade Media a través do tan coñecido Camiño de Santiago. Unha curiosidade: no 1122, o papa Calixto II declarou que sería "Ano Santo" tódolos anos nos que o 25 de xullo (día de Santiago) coincidira en domingo. Todos os días chegan a Santiago centos de peregrinos desexosos de ver a Catedral por algunha das numerosas rutas polas que podes facer o camiño: Camiño Francés, Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Vía da Prata, Camiño Mozárabe, Camiño Portugués, Camiño Inglés ... Podedes atopar máis información sobre os camiños no seguinte enlace: http://www.caminosantiago.org/cpperegrino/caminos/caminos.asp



Por se non o sabes, nestes momentos están con tarefas de restauración e aínda poderedes ver a andamiaxe durante uns meses máis. Máis información no seguinte enlace: http://www.abc.es/local-galicia/20131102/abci-claves-restauracion-catedral-santiago-201310311211_1.html

Ah, por certo, un dato cultural importante: Santiago de Compostela foi declarado pola Unesco Patrimonio Cultural da Humanidade no ano 1985 e o seu Camiño no 1993. Outras das conderacións otorgadas son:


  • 1992. Premio Firenze outorgado polo Centro Culturale Firenze Europa o 5 de decembro de 1992. Patrocina: Comune de Florencia.
  • 1996. Premio Gubbio 1996. Convocado cada tres anos pola Asociación Nacional de Centros Histórico Artísticos de Italia (ANCSA) e polo Concello de Gubbio. Concedido ó programa Ponte de Rehabilitación de Vivendas da Cidade Histórica de Santiago de Compostela.
  • 1998. Premio Europeo de Urbanismo. Concedido pola Comisión Europea na categoría de planificación local, despois de competir con 130 actuacións de todo o continente.
  • 2001. Premio Torre Guinigi. Concedido pola cidade italiana de Lucca (Toscana) polos traballos de recuperación da cidade histórica desenvolvidos nos últimos anos.
  • 2002. Premio Boas Prácticas (ONU). Obtido no IV Concurso Internacional de Boas Prácticas das Nacións Unidas pola planificación da protección e rehabilitación da Cidade Histórica de Compostela.
  • 2004. Premio Príncipe de Asturias á Concordia ó Camiño de Santiago como lugar de peregrinación e de encontro entre persoas e pobos que, a través dos séculos, convirteuse no símbolo de fraternidade e vertebrador da conciencia común europea.
  • 2006. Premio Bandeira Verde-Cidade Sostible. Concedido pola Federación de Usuarios e Consumidores Independentes e apoiado polo Ministerio de Medio Ambiente a través da Fundación Biodiversidade. Este galardón recoñece a labor dos concellos españois que de maneira eficiente camiñan cas súas actuacións cara a sostibilidade.

Pincha neste enlace e poderás ver a totalidade de galardóns outorgados a Santiago de Compostela: http://www.santiagodecompostela.org/turismo/interior.php?txt=t_patrimonio&lg=cas
 

Bares e restaurantes da cidade: dispón dunha oferta moi ampla donde poderás degustar e saborear a gastronomía típica galega con productos de excelente calidade.  Polo xeral poderás beber un viño ou unha cervexa por entre 2 euros e 2,50 coa súa correspondente tapa, pero despois están donde son máis xenerosos ou algo máis escuetos. Persoalmente eu recomendo As Bodeguillas (San Lázaro, San Roque e Santa Marta). As tapas son abundantes e os prezos razonables e a súa carta paréceme moi variada e orixinal. Poderás degustar entre outras cousas dunha ensalada de vieiras con gambas ou dun revolto de champiñóns, wakame e ourizos. Consulta a súa páxina web: http://bodeguilladesanroque.com/  Tamén recomendo A Gamela, un pequeno recuncho na zona vella, preto de Cervantes. Ten una carta fundamentada en racións: setas, tortillas, revoltos e os tradicionais bocadillos: http://agamela.com/   


Galizeando pola Ría de Arousa


Este domingo aproveitamos o bo tempo para facer un percorrido pola Ría de Arousa, a maior das rías que temos en Galicia. Esta ría é famosa pola súa riqueza mariña, sendo a zona de maior producción de mexilón de todo o mundo, cultivado nas innumerables bateas que podemos atopar na mesma.


Nela podemos ver numerosas illas e illotes entre os que destacan a Illa de Arousa, A Toxa (famosa polo seu coñecidísimo balneario), Sálvora, Cortegada ou Rúa.

Preto desta última, atopamos o illote de Areoso, de case 9 hectáreas, zona natural protexida que merece especial atención porque está constituído case completamente de area fina, co cal asemella unha duna xurdida do mar. Atópase a 1,4 km ó oeste da Illa de Arousa á cal pertence administrativamente. Na súa parte máis alta áchanse os restos de varios dólmenes ou túmulos megalíticos polo cal a zona está valada para que a xente que se despraza a disfrutar do bo tempo non poida acceder, aínda que desgraciadamente moitos non o respetan. Por este motivo tómanse medidas de protección para reducir o número de bañistas na zona e de embarcacións que acoden ó illote de forma masificada cando o tempo o permite. Con elas preténdese rematar ca importante degradación que ven sufrindo desde fai anos tanto da súa superficie coma dos seus fondos mariños. No interior do illote tamén podemos atopar unha colonia grande de gaviotas e outras aves mariñas.


As súas augas son bastante "frescas" polo que tiven que botar man do traxe de neopreno, pero a súa claridade e transparencia invitan a mergullarse nas mesmas, por eso sempre digo que é o Caribe Galego, un queda encandilado observando os seus fondos mariños e a súa area branca e fina que non ten nada que envidiar ós máis famosos destinos turísticos. Tamén tivemos a gran sorte de ver arroaces, os cales sóense deixar ver polas cercanías.


Un espectáculo que non te podes perder!!



EN CASTELLANO.


Este domingo aprovechamos el buen tiempo para hacer un recorrido por la Ría de Arousa, la mayor de las rías que tenemos en Galicia. Esta ría es famosa por su riqueza marina, siendo la zona de mayor producción de mejillón de todo el mundo, cultivado en las innumerables bateas que podemos encontrar en la misma. 


En ella podemos ver numerosas islas e islotes entre los que destacan la Isla de Arousa, A Toxa (famosa por su conocidísimo balneario), Sálvora, Cortegada o Rúa.

Cerca de esta última, nos encontramos con el islote de Areoso, de casi 9 hectáreas, zona natural protegida que merece especial atención porque está constituído casi completamente de arena fina, con lo cual asemeja una duna surgida del mar. Se encuentra a 1,4 km al oeste de la Isla de Arousa a la cual petenece administrativamente. En su parte más alta se hallan los restos de varios dólmenes o túmulos megalíticos por lo cual la zona está vallada para que la gente que se desplaza a disfrutar del buen tiempo no pueda acceder, aunque desgraciadamente muchos no lo respetan. Por este motivo se toman medidas de protección para reducir el número de bañistas en la zona y de embarcaciones que acuden allí de forma masificada cuando el tiempo lo permite. Con ellas se pretende terminar con la importante degradación que viene sufriendo desde hace años tanto de su superficie coma de sus fondos marinos. En el interior del islote también podemos encontrar una colonia grande de gaviotas y otras aves marinas.


Sus augas son bastante "frescas" por lo que tuve que echar mano del traje de neopreno, pero su claridad y transparencia invitan a sumergirse en las mismas, por eso siempre digo que es el Caribe Gallego, uno se queda encandilado observando sus fondos marinos y su arena blanca y fina que no tiene nada que envidiar a los más famosos destinos turísticos. También tuvimos la gran suerte de ver un grupo de arroaces, los cuales se suelen dejar ver por las cercanías. 


Un espectáculo que no te puedes perder!!



Galizeando por Baiona


Concello situado na Área Metropolitana de Vigo (provincia de Pontevedra). Nel atópase o Castelo de Monterreal, que actualmente ten función de Parador Nacional. Ten unha grande importancia histórica, xa que en marzo de 1493 Martín Alonso Pinzón arribou ás costas de Baiona trala súa viaxe á América convertendo a esta vila na primera de Europa que soubo a noticia do descubrimento do Novo Mundo. Por iso o primeiro fin de semana de marzo celébrase no casco histórico de Baiona unha festa medieval chamada A Arribada, casco declarado "Conxunto de Interés Histórico Artístico" pola Xunta de Galicia o 1º de marzo de 1993, V Centenario da chegada da Carabela Pinta a Baiona.

A Vila de Baiona ten unha situación inmellorable para o abrigo das embarcacións deportivas e de pesca. O Monte Real Club de Yates de Bayona foi fundado no ano 64 e ocupa desde a súa fundación o recinto amurallado denominado “Batería del Cangrejo” do século XIV na península de Monterreal. En 1989 convirteuse no primeiro Clube de vela español en presentar un desafío á Copa América de Vela, a competición deportiva máis antiga do mundo. Nel organízanse as seguintes regatas: Trofeo Conde de Gondomar (24, 25, 26 e 27 de xullo) e Trofeo Príncipe de Asturias (5, 6 e 7 de setembro).

O seu clima caracterízase por suaves temperaturas durante todo o ano e por iso moita xente visita este enclave galego, sobre todo en verán, e por este motivo dispón dunha ampla oferta hoteleira. 

Neste post falaremos do Hotel Rompeolas, situado nun lugar privilexiado con vistas ás Illas Cíes, ás Illas Estelas e ó Parador. Ten un pequeno párking diante do mesmo pero hai poucos espazos. Podes probar sorte un pouco máis adiante. 


Ten 2 estrelas e a relación calidade-prezo é excelente. A atención é moi boa, os seus empregados son moi amables e en todo momento tes a alguén a quen poidas preguntar. A limpeza tamén é resaltable, as habitacións espazosas e por 3 euros poderás disfrutar dun almorzo con vistas ó mar.  

                                                                  
Hai numerosas praias ás que podes ir:  

Praia Ladeira: é a maior de todas as praias cos seus 1.300 metros de lonxitude. É a que se atopa máis afastada do centro urbano. Nela atópase o Cámping Bayona Playa.  


"A Ladeira"
Praia Santa Marta: máis de 200 metros de lonxitude con augas tranquilas e fínisima e branca area.  

Praia A Ribeira: con 180 metros de lonxitude esta é a praia máis preto do núcleo urbano. Atópase situada xunto a un parque e ós pes da fortaleza de Monte Boi. Conta con todo tipo de servizos destacando a proximidade a un aparcadoiro subterráneo e ás terrazas do paseo marítimo. 


Praia Barbeira: praia de 200 metros de lonxitude que se atopa nas faldas do Monte Boi. Para o seu acceso hai que achegarse ata a fortaleza e pasar baixo unha das súas portas.Está moi preto da praia de A Riberia e está moi protexida do oleaxe do mar grazas a un espigón e ó porto deportivo. O único inconvinte é que a partir das 18.30 horas máis ou menos comeza a facer sombra por causa das árbores que a abeiran.  


Praia Os Frades: pequena praia de 30 metros de lonxitude que se atopa nas faldas do Monte Boi e con maior oleaxe que as outras. A súa area é de gran máis groso e con abundacia de pedras, xa que está formada nunha pequena baía de rochas de mar, o cal dificulta un pouco o baño. 


Praia A Concheira: ten 50 metros de lonxitude e está ó inicio do paseo de Martín Alonso Pinzón. É a última praia de Baiona; a partir desta comeza a zona de rompentes sobre as rochas ó longo da costa.


Toda a Vila está atravesada polo carril-bici Vigo-Baiona-A Guarda polo que poderás facer os teus paseos en bicicleta se o desexas. Hai soamente un tramo, xusto a curva que pasa por diante do Hotel Rompeolas, no cal non hai carril polo que ten coidado porque a visibilidade é un pouco limitada. Norbike alquila bicicletas de paseo: info@norbike.es Montero Ríos 26 Vigo (Pontevedra) || Tlf/Fax: (+34) 986 135 819 Avenida de Montereal nº 10 36300 Baiona (Pontevedra) || Tlf: 986 355 179

As tarifas son por horas ou días completos. A hora é por 4 € e o día completo son 25 €. O horario é de 10 a 14 h e de 17 a 20.30 h de luns a venres. Sábados de 10 a 14 h.


Todo o casco histórico e o paseo de Baiona están cheos de restaurantes, bocaterías, bares, terrazas ... onde poderás desgustar a súa gastronomía e os seus platos típicos.
A pesar de ser un sitio tan turístico, os prezos parecéronme bastante "normais"; por exemplo, unha 1906 en terraza custa uns 2,10 euros e en bar sobre 1,60 para que vos fagades unha idea.





CASTELLANO.
Municipio situado en el Área Metropolitana de Vigo (provincia de Pontevedra). En él se encuentra el Castillo de Monterreal, que actualmente tiene función de Parador Nacional. Tiene una gran importancia histórica, ya que en marzo de 1493 Martín Alonso Pinzón arribó a las costas de Bayona tras su viaje a América convirtiendo a esta villa en la primera de Europa que supo la noticia del descubrimiento del Nuevo Mundo. Por ello el primer fin de semana de marzo se celebra en el casco histórico de Bayona una fiesta medieval llamada La Arribada, casco declarado "Conjunto de Interés Histórico Artístico" por la Xunta de Galicia el 1º de marzo de 1993, V Centenario de la Arribada de la Carabela Pinta a Baiona.

La Villa de Baiona tiene una situación inmejorable para el abrigo de las embarcaciones deportivas y de pesca. El Monte Real Club de Yates de Bayona fue fundado en el año 64 y ocupa desde su fundación el recinto amurallado denominado “Batería del Cangrejo” del siglo XIV en la península del Monterreal. En 1989 se convirtió en el primer Club de vela español en presentar un desafío a la Copa América de Vela, la competición deportiva más antigua del mundo. En él se organizan las siguientes regatas: Trofeo Conde de Gondomar (24, 25, 26 y 27 de julio) y Trofeo Príncipe de Asturias (5, 6 y 7 de septiembre).

Su clima se caracteriza por suaves temperaturas durante todo el año y por ello mucha gente visita este enclave gallego, sobre todo en verano, y por este motivo hay una amplia oferta hotelera. 

En este post hablaremos del Hotel Rompeolas, situado en un lugar privilegiado con vistas a las Islas Cíes, a las Islas Estelas y al Parador. Tiene un pequeño parking delante del Hotel pero hay pocos espacios para aparcar. Puedes probar suerte un poco más adelante. 


Tiene 2 estrellas y la relación calidad-precio es excelente. La atención es muy buena, sus empleados son muy amables y en todo momento tienes a alguien a quién puedas preguntar. La limpieza también es resaltable, las habitaciones espaciosas y por 3 euros podrás disfrutar de un desayuno con vistas al mar.  


Hay numerosas playas a las que puedes ir:  

Playa Ladeira: es la mayor de todas las playas con sus 1.300 metros de longitud. Es la que se encuentra más alejada el centro urbano. En ella se encuentra el Cámping Bayona Playa.


"A Ladeira"
Playa Santa Marta: más de 200 metros de longitud con aguas tranquilas y fínisima y blanca arena. 

Playa A Ribeira: con sus 180 metros de longitud esta es la playa más cerca de núcleo urbano. Se encuentra situada junto a un parque y a los pies de la fortaleza de Monte Boi. Cuenta con todo tipo de servicios destacando la proximidad a un parking subterráneo y a las terrazas del paseo marítimo. 


Playa Barbeira: playa de 200 metros de longitud que se encuentra en las faldas del Monte Boi. Para su acceso hay que acercarse hasta la fortaleza y pasar bajo una de sus puertas. Se encuentra muy cerca de la playa de A Riberia y está muy protegida del oleaje del mar gracias a un espigón y un puerto deportivo. El único inconveniente es que a partir de las 18.30 horas más o menos empieza a hacer sombra por los árboles que la cobijan. 


Playa Os Frades: pequeña playa de 30 metros de longitud que se encuentra en las faldas del Monte Boi y con mayor oleaje que las otras playas. Su arena es de grano más grueso y con abundacia en rocas, ya que está formada en una pequeña bahía de rocas de mar, lo cual dificulta un poco el baño. 


Playa A Concheira: playa de 50 metros de longitud al inicio del paseo de Martín Alonso Pinzón. Es la última playa de Baiona, a partir de esta comienza la zona de rompientes sobre las rocas a lo largo de la costa.


Toda la Villa está atravesada por el carril-bici Vigo-Baiona-A Guarda por lo que podrás realizar tus paseos en bicicleta si lo deseas. Hay solamente un tramo, justo la curva que pasa por delante del Hotel Rompeolas, en el cual no hay carril por lo que ten cuidado porque la visibilidad es un poco limitada. Norbike alquila bicicletas de paseo: info@norbike.es Montero Ríos 26 Vigo (Pontevedra) || Tlf/Fax: (+34) 986 135 819 Avenida de Montereal nº 10 36300 Baiona (Pontevedra) || Tlf: 986 355 179

Las tarifas son por horas o días completos. La hora es por 4 € y el día completo son 25 €. El horario es de 10 a 14 h y de 17 a 20.30 h de lunes a viernes. Sábados de 10 a 14 h.


Todo el casco histórico y el paseo de Bayona están llenos de restaurantes, bocaterías, bares, terrazas ... dónde podrás degustar su gastronomía y platos típicos. A pesar de ser un sitio tan turístico, los precios me han parecido bastante "normales"; por ejemplo, una 1906 en terraza cuesta unos 2,10 euros y en bar sobre 1,60, para que os hagáis una idea.