10 lugares que fan que Galicia sexa única


En Galicia temos rincóns dos que podemos presumir porque posúen algo especial que os fai únicos e irrepetibles. Queres saber cales son? Pois non te perdas este artigo recompilatorio co mellor do mellor e que de seguro che sorprenderá. 

1. A Fervenza de Ézaro

Situada na liña que divide xeográficamente ós concellos de Carnota e de Dumbría, é unha fervenza que forma o río Xallas na súa desembocadura ao mar. Este feito, faina diferente, xa que é a única en Europa que posúe esta característica. Todo un espectáculo da natureza que non te podes perder.



2. Os Acantilados de San Andrés de Teixido

Poderás contemplar o mar infinito dende os acantilados de San Andrés de Teixido, os máis altos de Europa a tan “so” 612 metros do nivel do mar. Ademais é un lugar cheo de tradicións e de lendas, entre as cales din que é aquí onde se atopa "A porta do mais alá do mundo Celta".


3. O banco de Loiba

Calificado coma o banco máis bonito do mundo, está situado sobre os acantilados de Loiba. Dende o mesmo, pódense contemplar unhas impresionantes vistas que van dende cabo de Estaca de Bares a cabo Ortegal. O fotógrafo Dani Caxete é o autor da imaxe que dou a volta ó mundo e que quedou entre as mellores fotos nocturnas do ano polo proxecto TWAN. 

Fonte: Dani Caxete

4. A praia de Rodas

Vouvos falar da mellor praia do mundo segundo o prestixioso diario británico The Guardian: a praia de Rodas nas Illas Cíes. Que podo dicir dela? Pois que un ten a sensación de atoparse no paraíso cando pasea pola beira do mar sentindo nos pés a súa area fina e branca digna dos destinos máis solicitados do mundo. As súas augas frescas e transparentes non deixan nada á imaxinación ofrecendo a oportunidade de ver e disfrutar dun fondo mariño rico e nutrido de todo tipo de animais e especies.




5. Santiago de Compostela

Poucos saben que aquí naceu o primeiro periódico galego no ano 1800. Ademais, no ano 1985, foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola Unesco debido en grande parte a que é destino do máis importante movemento relixioso e cultural da Idade Media: a peregrinación polo Camiño de Santiago. Na Catedral de Compostela gárdase o Códice Calixtino, coñecido pola maioría da xente polo seu soado roubo no ano 2011. En realidade é unha das máis importante xoias bibliográficas españolas considerado para moitos o primeiro libro de viaxes da literatura occidental. Ademais é unha das máis antigas e mellor documentadas fontes de información do Camiño de Santiago.

Por último, recentemente, Santiago de Compostela foi elexido o segundo lugar de España onde mellor se come, por detrás de San Sebastián. Isto é debido a que contamos cuns excelentes cociñeiros e cuns produtos do mar e da terra que posúen unha calidade excelente e meritoria.



6. O Hórreo de Carnota

En Carnota está un dos maiores hórreos do mundo con case 35 metros de lonxitude e cun ancho de 1,90 metros. Este hórreo, construido entre os anos 1768 e 1783, foi declarado, Monumento Nacional. Forma xunto coa casa rectoral, o palomar e a igrexa de Santa Comba ou Columba, un conxunto arquitectónico de merecido recoñecemento.



7. O paseo marítimo da Coruña

Dende o Castelo de San Antón, no este, ata Portiño, no oeste, e envolvendo a cidade, temos o paseo marítimo considerado o máis longo do mundo debido ós seus 13 km que bordean a península e dende o cal non se deixa de ver o mar en ningún momento. Pódese pedir máis? 


8. A Muralla de Lugo

È a única muralla destas características que se conserva no mundo. Declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000, está irmandada dende o ano 2007 coa Gran Muralla China. Ten unha lonxitude de 2.266 metros e está coroada por 85 torres. Ademais, ten dez portas que realizan a función de unir unha parte da cidade coa outra. 

"Muralla de Lugo" por Rosa Cabecinhas & Alcino Cunha (Rosino) - Flickr. Baixo a licenza CC BY-SA 2.0

9. A Ría de Arousa

È a maior das rías de Galicia. Forma parte das rías Baixas e ten numerosas illas e illotes ente as que destacan a illa de Arousa, a Toxa, Sálvora e Cortegada. E vos preguntaredes, e que ten de especial? Pois esta ría é famosa pola súa riqueza mariña, sendo a zona de maior produción de mexilón de todo o mundo. 



10. Baiona 

En marzo do 1493, Martín Alonso Pinzón, arribou ás súas costas trala súa viaxe a América, convertíndose no primeiro lugar de Europa que soubo a noticia do descubrimento do Novo Mundo. Por este motivo, en marzo do 1977, prodúxose o irmadamento de Baiona coa cidade de Palos de la Frontera, lugar de onde partiron as carabelas descubridoras o día 3 de agosto do 1492. 





5 comentarios:

  1. Magnífico! Adoro a Galiza!

    ResponderEliminar
  2. Pablo R.11/2/17

    A fervenza do Ézaro pertence aos concellos de Carnota e Dumbría, de feito divide xeograficamente os dous concellos :)

    ResponderEliminar